Os opostos solares

213

A compañía de streaming Hulu ven de encargar dúas tempadas de dezaséis episódios cadansúa para unha nova série de debuxos animados titulada Solar Opposites, orixinal do co-creador de Rick and Morty Justin Roiland e mais do produtor executivo Mike McMahan.

A história seica irá sobre unha família de áliens dun mundo millor que se refúxian no médio dos Estados Unidos. Roiland emprestará-lle a súa voz a dous persoaxes, e Sean Giambrone e mais a cómica Mary Mack participarán tamén no reparto.

A 20th Century Fox TV producirá a série, que ten prevista a estrea para o ano 2020. Roiland e McMahon dividirán asemade o seu tempo entre Solar Opposites e Rick and Morty, que recebiu o encargo de 70 novos episódios o pasado mes de maio.