Brody na carreira pola liberdade a Escócia

275

Adam Brody (Shazam!) unirá-se ao reparto da nova série de ciéncia-ficción Curfew, que finanzan as cadeas por cable inglesa Sky One e mais a Spectrum. A história vai sobre un grupo de pilotos que conducen desde Londres a Escócia en vehículos persoalizados co obxectivo de gañar o prémio de se ceibar dun governo totalitário. Brody será un millonário megalómano chamado Max Larssen.

Billy Zane, Sean Bean, Michael Biehn, Miranda Richardson, Harriet Walter e Malachi Kirby completan o reparto. A série conta coa produción da Tiger Aspect Productions e mais a Moonage Pictures.