Tyler Hoechlin (Supergirl), Justin Chatwin (Shameless), Samuel Anderson (Loaded) e Elizabeth Faith Ludlow (The Walking Dead) serán os protagonistas, xunto a Katee Sackhoff (Battlestar Galactica) na nova série de dez episódios de ciéncia-ficción da Netflix Another Life.
Sackhoff interpreta á comandante Niko Breckenridge, unha astronauta que lidera unha tripulación coa misión de explorar a xénese dun artefacto extra-terrestre. Pero cando ela e mais a súa equipa se acheguen a investigar, deberán enfrentar-se a un perigo inimaxinábel que podería converter a súa misión nunha viaxe sen retorno.
Hoechlin fará o papel de Ian Yerxa, o anterior comandante da nave de exploración “The Salvare” que perde o seu posto ante Niko. Chatwin será Erik Wallace, o home de Niko e membro do comando interespacial dos Estados Unidos adicado a atopar vida intelixente extra-terrestre.
Anderson é William, o interfaz holográfico dunha Intelixéncia Artificial consciente. Ludlow será Cas Isakovic, o segundo ao mando tras Niko, un tipo cheo de valor e convicións morais. Finalmente, Selma Blair fará o papel dun persoaxe non fixo na série.
A Halfire Entertainment é a encargada de producir o programa, que conta coa dirección de Omar Madha (Scorpion) nos dous primeiros episódios. Aaron Martin (Slasher, Saving Hope) é o creador da série e será o seu showrunner.