Os guionistas Jon e Josh Silberman serán os encargados de escribir o guión de Coyote vs. Acme, unha nova longametraxe inspirada polo clásico persoaxe dos Looney Tunes Wile E. Coyote.
Neste filme, o Coiote abandoará a súa histórica persecución do Correcamiños para se vingar da ACME, a empresa responsábel da fabricación dos artefactos que sempre usa para tentar capturar ao enorme e veloz paxaro azul coñecido coma Correcamiños. Os devanditos artefactos sempre fallan dalgún xeito, deixando ao Coiote humillado e ferido. Agora é o turno da vinganza.
Polo momento non está claro se o filme será totalmente de debuxos ou se será unha mistura de animación con acción real. Os irmáns Silberman contan coa experiéncia prévia de escribir episódios de It’s Always Sunny in Philadelphia e de crear a série da CBS Living Biblically.
O proxecto en todo caso non é o mesmo que comezou en 2014 e que tivo que abandoar-se. Aquel intento ía estar protagonizado por Steve Carell e estaba mais centrado na ACME.