O boneco diabólico pása-se á ciéncia-ficción

125

O vindeiro remake que a MGM está a preparar do clásico de terror de 1988 Child’s Play (coñecido en Galiza coma O Boneco Diabólico) deixará aparcadas as fasquías mais sobrenaturais da história e adoptará un tón mais de thriller de ciéncia-ficción.

Seica esta nova versión, do realizador Lars Klevberg (Polaroid), non presentará a un boneco posuído polo demo dun asasino en série, senón a un boneco defectuoso cuxo código de programación foi hackeado de tal xeito que xa non ten límites de canto pode aprender e a violéncia que pode amosar.

O relanzamento da saga de Child’s Play comezará a se rodar este mesmo mes e será polo de agora un filme autoconclusivo, separado dos orixinais rodados por Don Mancini que tiñan coma protagonista a Brad Dourif na voz de Chucky. Mancini, Dourif e mais o produtor David Kirschner ainda teñen plans para continuar coa súa versión de terror clásico e mesmo queren facer unha série de televisión.