As coprotagonistas da comédia romántica Crazy Rich Asians Michelle Yeoh e Awkwafina van mudar radicalmente para o seu vindeiro traballo e xa están a negociar a súa participación no reparto de Everything Everywhere All at Once, un filme de acción e ciéncia-ficción.
Polo de agora non se deron a coñecer os detalles do argumento, do que só se sabe que será “un filme de acción interdimensional”. O proxecto corre a cargo dos directores Dan Kwan e Daniel Scheinert, o dúo famoso pola comédia surrelista Swiss Army Man que protagonizou Daniel Radcliffe no papel dun cadáver flatulento.
Anthony Russo e Joe Russo serán os produtores. Awkwafina apareceu recentemente nas pantallas no filme Ocean’s 8, mentres que a Yeoh podémo-la ver actualmente na série Star Trek: Discovery.