A nova Árbore da Vida

193

Lee Kline, o director técnico da empresa de distribución de vídeo Criterion Collection, revelou que o vindeiro lanzamento do filme de Terrence Malick The Tree of Life en Blu-ray podería constituír de por si un novo filme.

A Criterion xa fixera unha xogada semellante co filme de Malick The New World cando a lanzou en Blu-ray, cunha versión de 172 minutos frente aos 135 minutos da versión dos cinemas.

Este novo “curte do director” de The Tree of Life conterá nada menos ca 188 minutos, o que constitúen 29 mais dos que até agora poidéramos ver nas salas de cinema, polo que posíbelmente se pode considerar coma unha versión alternativa mais ca unha mera “versión do director”. Nunha entrevista, Kline dixo:

Ao contrário que con New World, a versión de The Tree of Life que se estreou en Cannes en 2011 era xa a versión definitiva do filme que o director quería amosar. O que é interesante falando con Terry, coido que el non quere que a xente pense que esta é unha versión millorada. Esta é outra versión“.

Malick ten unha enorme cantidade de metraxe que non se chegou a usar para a estrea nos cinemas e que planeaba usar para desenvolver unha nova liña argumental. A Criterion fixo un proceso de post-produción longo e caro e poliu a metraxe para que encaixara co resto do filme, incluíndo novos efectos de són, unha mistura multipista e unha nova paleta de córes para o filme completo.

Tanto o filme orixinal coma a nova versión de 188 minutos estarán dispoñíbeis en Blu-Ray o vindeiro 11 de setembro.