Thorgal, álien entre os viquingos

119

O realizador alemán Florian Henckel von Donnersmarck (Das Leben der Anderen) dirixirá unha adaptación en inglés do cómic fantástico belga Thorgal. Jean Van Hamme e Grzegorz Rosinski son os autores orixinais deste cómic, que vendeu mais de 14 millóns de volumes en dezaoito idiomas por todo o mundo.

O cómic está ambientado na ideade média e narra as aventuras dun misterioso rapaz de pelo negro, Thorgal, un neno extra-terrestre atopado e adoptado por unha família viquinga. Alí medra até se converter nun grande guerreiro, usando as súas habilidades para loitar contra inimigos mais poderosos dos que os viquingos xamais imaxinaran.

Von Donnersmarck atópa-se arestora no Festival de cinema de Venécia para a estrea do seu drama histórico Werk ohne Autor, a candidata alemá para os Oscar de Hollywood. O director planea encargar-lle a unha equipa de guionistas a redacción do proxecto e contar con tantos escritores coma sexa posíbel. A Pergamon Film producirá a longametraxe.