Jim Henson nas Terras Meigas

218

A Jim Henson Company ven de se facer cos dereitos para levar ás pantallas a série de novelas de fantasía de Susan Dennard e xa conta con plans para desenvolve-las nunha série de televisión con acción real. A saga, nomeada The Witchlands en conxunto, está composta por Truthwitch, Windwitch e mais a precuela Sightwitch. Unha cuarta entrega titulada Bloodwitch agárda-se para 2019.

O anúncio realizou-se onte no decurso da Dragon Con en Atlanta (Georgia). A história estaría ambientada nun mundo governado por tres impérios, onde algúns dos seus habitantes nacen con poderes máxicos.

Safiya, unha Bruxa da Verdade co poder de diferenciar a verdade das mentiras, e mais a súa millor amiga Iseult, unha bruxa que pode sentir os vencellos entre outras personas, ven-se atrapadas nunha conspiración entre os impérios. Ambas aceptan a axuda do príncipe Merik, un almirante co poder para controlar o vento, coa esperanza de evitar o perigo que se cerne sobre os impérios, mentres intentan eludir a busca de Aeduan, un feiticeiro adestrado coma monxe carawen. A história segue a estes catro persoaxes mentras tratan de atopar o seu destiño e seguiren vivos.

Halle Stanford e Lisa Henson serán as produtoras executivas, mentres que a compañía Jim Henson’s Creature Shop encargará-se de crear as fabulosas creaturas da série.