Crystal Reed protagonizará a Cousa do Pantano

165

O novo traballo da actriz Crystal Reed (Sofia Falcone en Gotham) supón-lle non abandoar o Universo DC e facer-se co papel de Abby Arcane, a protagonista da nova série de televisión que levará ás pantallas con acción real ao persoaxe da DC Comics Swamp Thing. A rodaxe do episódio piloto, que será dirixido polo realizador responsábel de Underworld Len Wiseman, terá lugar en outono en Wilmington, North Carolina.

A história irá sobre Abby, unha investigadora do CDC (Centro de Control de Enfermidades) que regresa ao seu lugar de nacemento en Houma, Louisiana, para investigar un virus letal nos pantanos. Alí desenvolverá unha relación co científico Alec Holland, quen é traxicamente asasinado.

Pero cando unhas poderosas forzas cheguen a Houma, tentando explotar as misteriosas propiedades do pantano, Abby descubrirá que o lugar agocha místicos segredos que son ao mesmo tempo aterradores e marabillosos, e que o amor da súa vida podería non estar morto despois de todo.

Mark Verheiden (Battlestar Galactica) e Gary Dauberman (IT) traballarán conxuntamente coma co-guionistas da série e coma showrunners, mentres ca Weisman será o produtor executivo xunto ao director James Wan (The Conjuring).