Katherine Langford (13 Reasons Why) será a principal protagonista de Cursed, a nova série de televisión que reinventará a lenda do rei Artur a partir da saga de cómics creados por Frank Miller e Tom Wheeler.
A série centrará-se nunha rapaza adolescente, Nimue, quen ten un misterioso dón e que está destiñada a se converter na poderosa (e tamén tráxica) Dama do Lago. Segundo os produtores, o argumento conterá unha história sobre o paso da nenez á idade adulta e presentará temas que son familiares para os nosos tempos: a destrución do mundo natural, o terror relixioso, a guerra sen sentido e atopar o valor para se converter en líder fronte a retos imposíbeis.
Zetna Fuentes (Shameless, The Chi) será a directora dos dous primeiros episódios, que contarán coa produción executiva de Miller e Wheeler.