O director de Black Panther, Ryan Coogler, ven de se facer cargo da segunda parte de Space Jam, que estará protagonizada polo xogador de baloncesto LeBron James. Coogler producirá o filme que comezará a se rodar cando dea comezo a campaña 2019 da NBA. Terence Nance dirixirá o proxecto, sustituíndo a Justin Lin neste posto. Esta será a primeira vez que James se poña diante das cámaras dende a súa estrea en 2015 no filme Trainwreck. A primeira parte, que protagonizou Michael Jordan en 1996, recadou 230 millóns de dólares.