Foxx e Gordon-Levitt, nunha de ciéncia-ficción

226

Jamie FoxxJamie Foxx e Joseph Gordon-Levitt serán os protagonistas dun filme de ciéncia-ficción que producirá a Netflix e que polo de agora non ten título. Henry Joost e Ariel Schulman dirixirán o proxecto a partir dun guión de Mattson Tomlin. Gordon-Levitt será un policía de barrio que vai alén do deber e Foxx interpretará a un pai de família que sofre unha grande pérdida. Eric Newman (Children of Men) e Bryan Unkeless (I, Tonya) serán os produtores.