Michael Peña (Ant-Man, Extinction) ocupará o papel de Mr. Roarke, o misterioso persoaxe protagonista da série de televisión Fantasy Island que fixera famoso Ricardo Montalbán dende 1977 a 1984, pero esta vez para a adaptación da devandita série ao cinema que están a preparar a Blumhouse Productions e mais a Sony Pictures.
Ao igual que na série, o escenário será unha illa máxica no médio do océano Pacífico na que ún pode ver cumpridos todos os seus desexos. A história seguirá a un grupo de convidados que son advertidos polo supervisor da illa, o señor Roarke, de que as súas fantasías poderían ter efectos secundários indesexados.
Jeff Wadlow (Kick Ass 2) ocupará a cadeira de director e contará cun guión que escribiu el mesmo xunto a Chris Roach e Jillian Jacobs. Couper Samuelson será o produtor executivo.