Texas, o País de Deus

218

A Legendary Entertainment ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a aclamada novela gráfica de Donny Cates God Country, publicada en 2017 pola Image Comics.

A história vai sobre Emmett Quinlan, un vello viúvo acosado pola deméncia e propenso ás arroutadas. Cando un tornado destrúe a súa casa xunto ao resto da vila de Texas onde vivía, un Quinlan recuperado xurde de entre os cascallos.

Unha espada máxica no ollo do furacán dá-lle algo mais ca un novo corpo e unha nova mente: agora será o único home capaz de se enfrontar ás creaturas fantasmáis e arroxa-las fóra do seu Estado. Pero a súa é unha espada de dobre fío, porque o deus que lla deu a quere de volta.

Cates encargará-se asemade de adaptar o guión. Lee e Jon Kramer serán os produtores.