Michael K. Williams no país de Lovecraft

203

Michael K. Williams ocupará ún dos papéis protagonistas da nova série de terror da HBO, Lovecraft Country, que conta con Jordan Peele e J.J. Abrams coma produtor executivo e con Misha Green coma showrunner.

A história vai sobre Atticus Freeman, un home de 25 anos interpretado por Jonathan Majors, quen xunto á súa amiga Letitia e mais o seu tío George embárcan-se nunha viaxe para atopar a seu pai polas estradas do sul rural dos Estados Unidos dos anos 50. Alí deberán non só enfrentar-se a terríbeis monstros, senón tamén ás leis racistas da América branca.

Williams interpretará a Montose Freeman, o pai de Atticus, un tipo teimudo e cheo de segredos que detestas as novelas de fantasía de seu fillo porque coida que non hai maneira de vivir neses mundos. Jurnee Smollett-Ball, Wunmi Mosaku, Elizabeth Debicki, Aunjanue Ellis e Courtney B. Vance son os outros actores xa confirmados.

A rodaxe da série comezou o pasado mes de xullo en Chicago.