A CBS encarga os Seis Segredos

74

Após de comezar en 2015 con éxito a série Supergirl e de transferi-la á canle The CW, a CBS vai tentar repetir a mesma fórmula con outra adaptación dun cómic da DC, neste caso Secret Six.

Rick Muirragui será o produtor executivo e guionista do episódio piloto deste proxecto, que vai sobre seis persoaxes moralmente ambíguos, cadaún coas súas características únicas e cun pasado de seu. A equipa é reunida por alguén descoñecido, que logo os chantaxea para atacar a políticos e empresários.

A versión dos cómics é nombergantes distinta, xa que a equipa consiste en seis falcatruáns renegados, entre os que se atopan nalgúns intres persoaxes ben famosos coma Bane ou Harley Quinn, se ben ao longo dos anos chegou haber alomenos tres versións distintas: a orixinal publicou-se dende 1968 até 1975. A segunda versión comezou en 1988 baixo o título Villains United, mentres que a a versión actual, que comezou en 2008, está formada por Catman, Deadshot, Scandal, Rag Doll, Bane e Jeannette.