A Sky adaptará a Máquina do Tempo

173

O xigante da televisión de pago Sky está a desenvolver unha nova adaptación da clásica novela de H.G. Wells de 1895 The Time Machine, que se emitiría a través da canle Sky Atlantic xunto a outras séries orixinais.

A história vai sobre un científico que vive na Inglaterra vitorián e que constrúe unha máquina capaz de se mover adiante e atrás polo tempo. Ao viaxar no futuro mais afastado descubre unha civilización composta por dous tipos de seres: os fermosos pero insulsos Eloi e mais os monstrosos Morlocks.

As produtoras Tessa Ross e Juliette Howell están atrás desta nova versión, que conta cun guión de Nick Payne (Wanderlust) e coa posíbel dirección a cargo de Kibwe Tavares (Noughts & Crosses). O creador de Line Of Duty, Jed Mercurio, traballara noutra versión o ano pasado, pero o seu proxecto non saiu adiante.

No cinema houbo dúas adaptacións da novela orixinal, ambas protagonizadas curiosamente por actores australiáns: unha de 1978 con Rod Taylor, e outra de 2002 con Guy Pearce.