World of Warcraft supera os 10 millóns de usuários

0
223

World of WarcraftO xogo de rol multixogador masivo online (MMORPG nas suas siglas en inglés) World of Warcraft (WoW) ven de superar os dez millóns de usuários, un logro de especial releváncia, pois a diferéncia de entornos virtuais coma Second Life, a proposta creada pola Blizzard Entertainment require un pago aos seus xogadores dende o primeiro momento.

Segundo ven de anunciar a Blizzard, milleiros de novos xogadores suscribiron-se a WoW durante o pasado nadal en todas partes do mundo. World of Warcraft axunta agora a máis de 2 millóns de suscriptores en Europa, a máis de 2,5 millónes en Norteamérica e a aproximadamente 5,5 millóns en Ásia.

O estudo de videoxogos aproveitou o fito dos 10 millóns de usuários para relembrar que WoW foi o xogo de computador máis vendido do mundo en 2005 e 2006, e que en 2007 só foi superado por World of Warcraft: The Burning Crusade, o primeiro paquete de expansión do mesmo xogo.

A segunda expansión de World of Warcraft, Wrath of the Lich King, está en desenvolvemento, tal e coma se desvelou no festival de xogos da empresa en agosto de 2007.