Ken Jeong úne-se á secuela de Ocupación

174

O actor de The Hangover e Community Ken Jeong ven de se unir ao reparto de Occupation: Rainfall, unha secuela do filme de invasións alieníxenas Occupation que se estrenou hai poucos meses e que pasou directamente ao mercado de vídeo baixo demanda.

Jeong participará xunto a Temuera Morrison, Dan Ewing, Stephany Jacobsen, Aaron Jeffery, Zac Garred, Izzy Stephens, Trystan Go, Lawrence Makoare, Vince Colosimo e Tamala Shelton.

Luke Sparke regresa coma director desta segunda entrega, que ten lugar dous anos despois da temida invasión intergaláctica. Os supervivintes en Sydney loitan desesperados nunha batalla a ras de chan e mentres se van acumulando as vítimas, a resisténcia e os seus inesperados aliados descobren un plan que podería supoñer o final definitivo da guerra.

Carly e Carmel Imrie producen o filme que se estreará ao longo do ano que ven.