Anthony Mackie (Captain America: The Winter Soldier) e Jamie Dornan serán os protagonistas de Synchronic, un novo thriller de ciéncia-ficción que dirixirán os responsábeis de The Endless, Justin Benson e Aaron Moorhead, para a Rustic Films.
Mackie e Dornan serán dous paramédicos de New Orleans cuxas vidas son esnaquizadas após de se atopar unha série de horríbeis mortes vencelladas a un deseñador de drogas que teñen uns efectos paranormais. Benson escribiu o guión e David Lawson Jr. producirá a longametraxe xunto a Benson e Moorhead.
Esta será a cuarta película de ciéncia-ficción de baixo orzamento destes dous directores, que comezaron en 2012 con Reprisal, continuaron en 2014 con Spring e que veron a estrea de The Endless (2017) a comezos deste ano. Os tres filmes contaron con moi boas críticas, pero pouco éxito nos despachos de billetes.