A Cór que caíu do Espazo aínda está en marcha

616

Hai tres anos a SpectreVision, unha compañía independente de produción de cinema, planeou adaptar á pantalla grande o clásico conto de H.P. Lovecraft The Color Out of Space.

O conto, ambientado nas salvaxes fragas ao oeste de Arkham en Massachusetts, conta cun narrador que vai unindo as histórias fragmentadas sobre unha “zona maldita”, un área onde hai moitos anos caeu un meteorito. A partir dese intre, a forza vital de todas as cousas ao seu redor vai desaparecendo, e no seu lugar medra unha flora enorme e estraña, que dá lugar a animais deformes e humáns que tolean ou morren.

En 2015 Richard Stanley, quen non dirixira ningunha película dende a desastrosa experiéncia de 1996 con The Island of Dr. Moreau, estaba encargado deste proxecto e escribiu o guión, que planeaba realizar en 2016. Aqueles plans non sairon adiante, pero nunha recente entrevista, o cofundador da SpectreVision Josh C. Waller dixo que ainda teñen intencións de facer o proxecto:

Está a se poñer en marcha. Anunciamos que iamo-lo facer cando, hai tres anos? Digamos que estamos un pouco mais preto. Sinificativamente mais preto. Como que vai chegar, así que estarei moi ocupado con Richard nos platós dentro de pouco“.

O conto adaptou-se xa outras catro veces ao cinema: en 1965 o filme Die, Monster, Die!, dirixido por Daniel Haller, The Curse (1987), protagonizado por Wil Wheaton, a fita con ambientación italiana Colour from the Dark (2008), dirixida por Ivan Zuccon, e a que probábelmente sexa a millor versión, a alemana Die Farbe (2010), dirixida por Huan Vu, rodada en branco e negro e loubada por S. T. Joshi coma “a millor adaptación ao cinema de Lovecraft feita xamáis“. En 2018 estreou-se Annihilation, baseada nun conto á súa vez baseado na novela de Lovecraft.