O Pinocho de Del Toro verá-se na Netflix

1191

No seu primeiro acordo pechado dende que gañou o Oscar á millor película e ao millor director este ano, o realizador Guillermo del Toro escribirá, producirá e co-dirixirá o filme de debuxos animados Pinocchio coa técnica de parada de imaxe.

Del Toro leva moito tempo traballando nesta adaptación, coa que loitou por atopar uns estudos que o apoiasen. A súa ideia é facer unha versión mais sinistra e musical do conto que se desenvolva na Itália feixista dos anos 30.

O tón de feito agárda-se que estea en consoáncia co su famoso filme Pan’s Labryrinth, que misturou unha fábula fantástica co escenário doutro feixismo, o español de Franco nos anos 40. Del Toro escribiu o guión xunto a Patrick McHale e será o co-director xunto a Mark Gustafson (Fantastic Mr. Fox), mentres cá The Jim Henson Company, a ShadowMachine (responsábel de Bojack Horseman), Lisa Henson, Alex Bulkley, Corey Campodonico e Gary Ungar serán os produtores. O proxecto arrincará a rodaxe antes de fin de ano.

Del Toro fará o seu debut coma director dun filme de animación, ainda que coma produtor xa conta con cretos en séries e filmes da Dreamworks e da mesma Netflix. Pinocchio pola súa banda será a terceira película de parada de imaxe que realice a Netflix, os outros dous foran Bubbles de Taika Waititi e Wendell and Wild de Henry Selick.