Segunda tempada de “The Terror”, sen o Terror

228

Derek Mio (Greek) será Chester Nakayama, o principal protagonista da segunda tempada da série de terror antolóxica da AMC The Terror, que pasa así de estar baseada no barco “The Terror” a simplemente titular-se con ese nome.

Nakayama é un xaponés-americano de cuarta xeración que soña con abandoar o gueto xaponés onde vive e unir-se ao exército. A história seguirá os pasos da transformación de Nakayama dende un rapaz inxénuo até se converter nun heroe durante a Segunda Guerra Mundial.

A tempada centrará-se esta vez ao redor dun misterioso espectro que ameaza á comunidade xaponesa-americana dende o seu fogar no sul de Califórnia até os campos de internamento e á guerra no Pacífico.

A tanda de dez episódios emitirá-se na AMC ao longo de 2019. Ridley Scott regresa coma produtor executivo xunto ao showrunner Alexander Woo e aos produtores Max Borenstein, Dan Simmons, David W. Zucker, Alexandra Milchan, Scott Lambert e Guymon Casady. Josef Kubota Wladyka (Narcos, Outcast) será o director.

A primeira tempada, baseada na expedición comandada por Sir John Franklin, foi o segundo programa millor avaliado por cable deste ano na televisión e acadou un posto entre os dez millores de todos os tempos, con grandes aplausos da crítica e do público.