Legado de una tragedia (“Legado dunha traxédia”), unha obra interpretada por 21 cantantes e case 50 músicos das bandas mais importantes de hard rock de fala española, verá a luz este luns día 1 de decembro.
Ao longo desta ópera-rock, que repasa en forma de fábula a atormentada vida do xénio, van-se narrando as andainas do escritor americano Edgar Allan Poe, cos seus fracasos, o seu paso polo exército, a sua voda coa sua curmá de trece anos, a sua relación con Charles Dickens e a sua particular visión da relixión, até que finalmente escomeza o seu declive a raíz da morte da sua esposa, derrumbándo-se mentalmente e abandoándo-se a unha vida de excesos que lle levaría a unha morte indigna, afogado na miséria.
Legado de una tragedia inclúe ademáis algunhas pezas musicadas baseadas en obras de Poe, concretamente en dous dos seus relatos: O corvo e O péndulo, ademáis de se incluir unha pequena introdución composta sobre o que están considerados os dous primeiros versos dos que se ten constáncia do autor, escritos por el á idade de 15 anos.
Ideada, composta, arranxada, producida e gravada por Joaquín Padilla e Jacobo García entre xaneiro de 2006 e febrero de 2007 nos estudos “El Cielo de Madrid”, “Estudios Espartanos” e “La Marabunta Estudios”, foi misturada por Alberto Sánchez en xullo e agosto de 2007 nos estudos de Hispamusic.