Dorian Gray cámbia de xénero

84

A canle de televisión The CW quere desenvolver Dorian, unha série baseada na clásica novela de Oscar Wilde The Picture of Dorian Gray, pero mudando o xénero do protagonista, que pasaría a ser unha muller, e tamén o xénero da novela, que era de terror gótico e pasa a ser unha comédia.

A história vai sobre unha muller (ou home, no orixinal) que chega a un acordo co demo, polo que ficará xoven e sán durante cincuenta anos, durante os que aproveitará para vivir a todo tren sen afrontar consecuéncias.

Cando finalmente remate o pacto da eterna xuventude, Dorian deberá medrar e envellecer, para o que terá que emendar-se por médio século de mal comportamento.

A série conta con Marisa Coughlan coma guionista e produtora executiva e coa produción da Warner Bros. Television.