O regreso do terror cómico dos 80

73

A Syfy está a manter conversas para levar adiante o remake de dous filmes de culto dos anos 80, os clásicos de ciéncia-ficción, terror e comédia Critters e Killer Klowns from Outer Space. O plan é facer dúas novas longametraxes baseadas nas películas orixinais.

O filme orixinal Critters ía sobre unhas estrañas e malvadas pero simpáticas bólas de pelo do espazo esterior chegan á Terra despois de estrelar a súa nave na granxa dunha família que os escorrenta. Killer Klowns from Outer Space pola súa banda vai sobre uns adolescentes que descobren un grupo de perigosos asasinos extra-terrestres que se asemellan demasiado a pallasos de circo. Ambos filmes resultaron un éxito polos seus efectos especias e pola combinación de comédia e terror.

Pero estes non serán os únicos remakes dos anos 80 que se están a planear, porque seica a rexurdida Orion Pictures contratou a Roxanne Benjamin (Southbound, Body At Brighton Rock) para que escriba unha nova versión do clásico filme de culto de 1984 de Thom Eberhardt Night Of The Comet. A história neste caso ía sobre dúas irmás que se enfrontan a zombis caníbales despois de que un cometa aniquilara case toda a vida na Terra, e todo misturando unha vez mais o terror, a ciéncia-ficción e mais a comédia.