Posíbel relanzamento dos Piratas do Caribe

96

Os guionistas de Deadpool e Zombieland Rhett Reese e Paul Wernick están a manter as primeiras discusións coa Disney Pictures para facer un posíbel relanzamento da franquía multimillonária dos estudos Pirates of the Caribbean. Polo de agora non se chegou a ningún acordo, pero seica están ainda en conversas.

O filme do ano pasado Pirates of the Caribbean: Dead Men Tell No Tales, a quinta entrega da saga, recadou 794 millóns de dólares en todo o mundo, pero a série leva xa vários anos de capa caída dende que Gore Verbinski dirixira a primeira película, considerada xa coma un clásico do cinema fantástico e de de aventuras.

Jerry Bruckheimer continuaría coma produtor, pero ainda é moi cedo para saber mais sobre quen regresaría, incluindo ao carismático Johnny Depp coma capitán Jack Sparrow.

Reese e Wernick escribiron recentemente 6 Underground, que Michael Bay dirixe para a Netflix, Cowboy Ninja Viking, que ía protagonizar Chris Pratt até que o proxecto se suspendeu, e ainda continúan a traballar no remake de Clue.