Nova série de Star Trek en debuxos animados

939

Após de Star Trek: Discovery e do anúncio da nova série de Jean-Luc Picard, a plataforma de streaming CBS All Access ven de encargar a produción de dúas tempadas de Star Trek: Lower Decks, unha comédia de debuxos animados para adultos con capítulos de média hora de duración a cargo do guionista e produtor executivo Mike McMahan, o creador de Rick & Morty.

A nova série centrará-se na equipa de apóio que serve a bordo dunha das mais importantes naves espaciais da flota intergaláctica da Federación. O mesmo McMahan dixo: “quero facer un programa sobre a xente que coloca o cartucho amarelo no replicador de comida para que poida saír un plátano polo outro lado“.

A série será a primeira de debuxos animados da CBS All Access e o primeiro proxecto da recentemente creada CBS Eye Animation Productions. McMahan é dende hai moito tempo un fan da saga Star Trek e será o produtor executivo xunto a Alex Kurtzman, Heather Kadin, Katie Krentz, Rod Roddenberry e Trevor Roth.

En 2011, McMahan abriu unha conta en Twitter para publicar argumentos de episódios dunha fictícia oitava tempada de Star Trek: The Next Generation. A conta, tamén en tón de comédia, resultou ser un grande éxito, de tal xeito que a editorial Simon & Schuster contratou-no para escribir unha guía de leitura para esa nunca realizada oitava tempada. Ademáis, McMahan é guionista da série de curtas con acción real Star Trek: Short Treks, que comezou a se emitir a primeiros de mes.