A Académia dos Heroes chega ao cinema

98

A Legendary Pictures está a desenvolver unha longametraxe con acción real baseada na série de manga My Hero Academia (Boku no Hīrō Akademia).

A história orixinal está ambientada nun mundo onde o oitenta por cento da xente posúe superpoderes, xurdindo asemade heroes e superfalcatruáns. Entre a minoría sen superpoderes atópa-se Izuku Midoriya, cuxo maior desexo é poder estudiar na Universidade dos superheroes. Até que un día coñece personalmente ao seu ídolo All Might, quen lle ofrecerá herdar os seus poderes.

A propriedade vendeu xa 17 millóns de exemplares e deu orixe a unha série e mais unha película de debuxos animados e mais un videoxogo. Alex Garcia e Jay Ashenfelter supervisarán a adaptación para a Legendary.