O director uruguáio Andy Muschietti (IT, Mama) será o encargado da vindeira adaptación ao cinema con grande orzamento da popular franquía de manga Shingeki no Kyojin (mais coñecida internacionalmente polo seu subtítulo en inglés Attack on Titan) para a Warner Bros. Pictures.
A acción está ambientada un século despois da súpeta chegada de misteriosas creaturas humanoides xigantes chamadas Titáns que comezan a devorar seres humáns até leva-los ao límite da extinción. Os derradeiros supervivintes da povoación humana rematan por vivir en relativa paz despois de construír muros xigantescos para se defenderen.
No lugar de usar o manga orixinal de 2009 ou a série de anime de 2013, seica o filme será unha adaptación da película xaponesa de dúas partes que se rodou en 2015 con actores reais. David Heyman, Masi Oka e mais Bárbara Muschietti serán os produtores, pero polo de agora non hai ningún guionista confirmado.
O proxecto será o vindeiro filme de Muschietti após de que remate de rodar IT: Chapter Two, que se estreará en setembro do ano que ven.