A actriz Anna Kendrick será a protagonista do vindeiro thriller de ciéncia-ficción Stowaway para a XYZ Films.
A história vai sobre a equipa dunha nave espacial que se dirixe a Marte e que descubre un polizón a bordo pouco despois do despegue. Cando xa están demasiado lonxe da Terra para regresaren e sen dispór de recursos abondo para todos, a investigadora médica da nave (Kendrick) resultará ser a única voz que disenta contra o acordo do resto dos tripulantes, que queren botar afóra ao intruso.
Joe Penna, quen comezou a súa carreira coma estrela de vídeos en YouTube, será o director e coguionista xunto a Ryan Morrison. A parella xa traballara conxuntamente no thriller de supervivéncia de 2017 Arctic, protagonizado por Mads Mikkelsen. Morrison será nesta ocasión ademais o produtor.