Falcón e mais o Winter Soldier chegan á tele

86

O guionista da série de televisión Empire Malcolm Spellman ven de ser contratado para escribir a série limitada Falcon and Winter Soldier, que será a segunda con actores reais que a Marvel TV realice contando co mesmísimo xefe da Marvel Studios Kevin Feige coma produtor executivo (a anterior fora Agent Carter na canle ABC).

Anthony Mackie e Sebastian Stan repetirán os seus xa coñecidos papéis do cinema nesta série de televisión, que se lanzará próximamente a través do anunciado servizo de streaming da Disney. Polo de agora non se coñecen mais detalles sobre o proxecto.

En todo caso, esta série unirá aos dous antigos axudantes do Capitán América na pequena pantalla e servirá coma avance da seguinte série, que contará con Loki e mais a Bruxa Escarlata coma protagonistas.