Buffy Cazavampiros ao cinema?

0
200

Cando a série Buffy Cazavampiros rematou en 2003, seica non se limitou a morrer sen mais. Sunnydale (a vila onde acontecían os feitos) pode que fose esquecida, pero o universo que creou Joss Whedon xerou novas secuelas, telefilmes e diversas aparicións na pantalla grande. Nos últimos cinco anos o que mais soou foi a aparición dun cómic baseado na série, pero agora os rumores apuntan á realización dunha longametraxe.

En Hollywood escóita-se estes días que Whedon xa dispón dun guión baseado na súa famosa série televisiva e que está disposto a produci-lo en canto algún estudo lle dea a luz verde. O certo é que ainda que exista ese guión, habería que saber se é unha continuación da série, unha história nova ou unha recreación dos novos feitos que se narran nos cómics.

O enorme éxito que está a ter o filme Twilight nos cinemas americanos e as ganas de regresar ás pantallas de Sarah Michelle Gellar e David Borenaz, protagonistas de Buffy, poderían non ser abondo como para convencer a Whedon de realizar este filme, polo que haberá que esperar a ver o que el teña que dicir.