Naomi Watts, primeira na precuela de Game of Thrones

830

Naomi Watts (The Ring, Birdman) será unha das protagonistas do piloto da vindeira série precuela de Game of Thrones na canle por cable HBO. Polo momento non hai demasiados detalles sobre o seu persoaxe, pero seica interpretará a “unha carismática dama que agocha un sinistro segredo“, segundo se deu a coñecer.

O proxecto, que terá coma escenário un mundo milleiros de anos anterior ao dos acontecementos de Game of Thrones, conta con guións de Jane Goldman e narra o descenso do mundo dende a Era Dourada dos heroes até os seus intres mais escuros. Goldman foi a creadora da série xunto a George R.R. Martin, e Watts é a primeira actriz confirmada para un reparto que se prevé estea cheo de estrelas.

Martin, Goldman, Daniel Zelman, James Farrell, Jim Danger Gray e mais Vince Gerardis serán os produtores executivos. A Watts poidémo-la ver recentemente nas pequenas pantallas noutro grande proxecto, neste caso o rexurdimento de Twin Peaks de David Lynch.