Avery convence á Fox co seu novo Flash Gordon

88

O responsábel do recente filme de zombis nazis Overlord, Julius Avery, será o guionista e director de Flash Gordon, unha nova adaptación ao cinema do clásico heroe de ciéncia-ficción dos cómics que se está a preparar pola 20th Century Fox.

Avery é dende hai moito un fan de Flash Gordon e seica a súa visión para este proxecto contou coa aprobación dos estudos, que despois do éxito de Overlord, decediron ademais contrata-lo coma director. O filme tiña até agora a Matthew Vaughn (Kingsman) vencellado á dirección, pero a partir de agora será só o produtor xunto a John Davis.

Os guionistas J.D. Payne e Patrick McKay escribiran unha versión anterior do libreto en 2015 para o proxecto de Vaughn, pero esta non será utilizada no novo filme de Avery.

O persoaxe de Flash Gordon foi creado en 1934 polo artista de cómic Alex Raymond, e durante as décadas seguintes contou cun serial na rádio, despois outro no cinema, unha série de debuxos animados na televisión, e finalmente unha adaptación de grande orzamento á pantalla grande en 1980 dirixida por Mike Hodges, que é ainda a mais famosa probábelmente grazas á súa xenial banda sonora composta polo grupo Queen.

Gordon é un aventureiro, quen xunto á súa moza Dale Arden e mais o científico tolo Hans Zarkov, remata no planeta Mongo loitando contra o seu tiránico líder, Ming o Despiadado.