Alex Rider asóma-se á tele

Andreas Prochaska, o responsábel da recente minisérie Das Boot que ainda está por se estrear no servizo de streaming Hulu este mes, será o director e produtor executivo da vindeira adaptación á pequena pantalla de Alex Rider, a série de novelas de ciéncia-ficción para adolescentes orixinal de Anthony Horowitz.

A Sony Pictures Television e mais a Eleventh Hour Films fornecerán os cartos necesários para este programa, que narrará as aventuras dun rapazolo de 14 anos que após da morte de seu tío convérte-se en espía internacional ao ser recrutado polo MI6 para loitar contra un maléfico supercomputador.

A saga comprende polo de agora once novelas, pero tamén cinco cómics, tres contos e mais un libro suplementário. A primeira novela, Stormbreaker, publicou-se en Inglaterra en 2000 e xa foi convertida en 2006 nunha longametraxe que protagonizou Alex Pettyfer. O mesmo ano lanzou-se un videoxogo, que recebiu nombergantes malas críticas.

Prochaska dirixirá os primeiros catro episódios, que estarán baseados en Point Blanc, a segunda novela da saga. O guión correrá a cargo do escritor de terror Guy Burt.