Neil Gaiman e Akiva Goldsman, en Gormenghast

330

O guionista de Doctor Who Toby Whithouse será o encargado de escribir e de ser o produtor executivo dunha nova adaptación á tele da clásica série de fantasía Gormenghast para a Fremantle Media.

O escritor Neil Gaiman e mais o produtor de Fringe Akiva Goldsman asociarán-se con Whithouse neste proxecto coma produtores executivos, unha tarefa que compartirán xunto a Barry Spikings (The Deer Hunter) e David A. Stern (Howards End).

En abril, a Fremantle gañara unha difíxil poxa para se facer cos dereitos sobre Gormenghast, unha saga de cinco libros orixinais do escritor inglés Mervyn Peake que comezou a se publicar en 1946. A história vai sobre os habitantes do castelo de Gormenghast, unha extensa e decadente estrutura gótica cunha chea de persoaxes coma Titus, o herdeiro da família dos Groan, o garanduxo pinche de cociña Steerpike ou as irmás xemelgas Cora e Clarice.

Os dous primeiros tomos foran xa adaptados á televisión nunha minisérie de catro episódios da BBC no ano 2000, protagonizada por Jonathan Rhys Meyers e Christopher Lee, pero tamén existen versións para a rádio, o teatro, xogos de mesa e mesmo unha ópera.