Volven os Exploradores, esta vez á televisión

1006

Os realizadores Cary Fukunaga (Maniac) e David Lowery (Pete’s Dragon) traballarán conxuntamente para a Paramount Television e escribirán o guión do remake de Explorers, o relembrado filme de ciéncia-ficción de 1985 dirixido por Joe Dante e protagonizado polos daquela nenos debutantes Ethan Hawke e River Phoenix.

A história orixinal ía sobre un rapaz obsesionado cos filmes de ciéncia-ficción dos anos 50 quen ten uns soños nos que aparecen uns misteriosos debuxos que finalmente logra levar ao papel. Os debuxos resultan ser os plans dunha nave espacial, que constrúe coa axuda dun amigo inventor e mais dun terceiro compañeiro.

Fukunaga e Lowery escribirán o guión e a bíblia da série e ún deles será o director do episódio piloto co que se decidirá se a série continúa adiante. Os plans actuais de Fukunaga son dirixir a nova entrega da saga de James Bond, mentres que Lowery ven de asinar o contrato para escribir o guión da fantasía épica The Green Knight.

A parella traballará ademáis coma produtores executivos xunto a Hayden Kiessling, James Johnston, Toby Halbrooks e mais o guionista do filme orixinal, Erik Luke.