Rogue One terá unha precuela na tele

106

O Presidente e CEO da Disney, Bob Iger, anunciou onte que a Lucasfilm está a desenvolver unha segunda série de televisión baseada no universo de Star Wars con actores reais e que será emitida a través do seu vindeiro servizo de streaming, que por fin conta cun nome: Disney+.

A série é a que non ten ainda nome, pero comezará a se producir o ano que ven, e narrará as aventuras do espía rebelde Cassian Andor durante os anos nos que se formou a Rebelión e antes dos acontecementos que teñen lugar no filme Rogue One: A Star Wars Story. A série, que terá un tón de thriller de espías segundo se dixo, explorará histórias cheas de emocionantes aventuras e misións intrépidas co fin de restablecer a esperanza nunha galáxia baixo as poutas do malvado Império.

Xa se sabe que Diego Luna repetirá o seu papel de Andor, e nun comunicado oficial no que semellaba referir-se á longametraxe coma se fora de hai moitos anos, dixo: “Regresar ao universo de Star Wars é moi especial para min. Teño moitas lembranzas do grande traballo que fixemos xuntos e das relacións que fixen durante a travesía. Temos unha fantástica aventura por diante, e este novo emocionate formato dará-nos a oportunidade de explorar este persoaxe mais en profundidade“.

Polo de agora non hai anunciadas datas para o lanzamento do programa.