Chris McKay dirixirá Jonny Quest

830

Mentres Nightwing non está a avanzar demasiado, o director de The Lego Batman Movie, Chris McKay, decediu-se a aceptar outra oferta e encargar-se asemade da adaptación ao cinema con actores reais dos debuxos animados de Jonny Quest para a Warner Bros. Pictures.

A série de debuxos orixinal da Hanna-Barbera estaba fortemente inspirada en Tintín e narraba as aventuras dun neno acompañado de seu pai, o doutor Benton C. Quest, e dos intrigantes mistérios científicos aos que debían facer frente por todo o mundo.

Xunto a eles viaxan o seu irmán Hadji, un neno de Calcuta adoptado, Race Bannon, o axente do Governo encargado de protexe-los, e mais un feo can. A série só se emitiu unha tempada de 1964 a 1965, pero a súa sona foi resucitada pola Cartoon Network nos anos 80 e 90 grazas ás reemisións e a unha nova série modernizada en 3D, The Real Adventures of Jonny Quest.

Adrian Askarieh, Dan Lin e Jonathan Eirich serán os produtores. A propriedade xa pasou por vários intentos de adaptación, a mans de directores coma Richard Donner e Robert Rodriguez vencellados a anteriores proxectos. No guión traballaran Dan Mazeau e Terry Rossio.

Ainda que Jonny Quest será o novo proxecto de McKay, ainda ten pendente de rematar Dungeons & Dragons, que comezará a se rodar decontado para a Paramount Pictures.