Martelo Negro, superheroe na granxa

69

A Legendary Entertainment fíxo-se cos dereitos para levar ao cinema e mais á televisión a série de cómic Black Hammer orixinal do guionista Jeff Lemire e xa conta con plans para adaptar a franquía a vários proxectos.

O mesmo Lemire será o produtor executivo xunto ao debuxante e co-creador Dean Ormston. A série, publicada pola editorial Dark Horse Comics en 2015, vai sobre un superheroe que se une a outros tres para salvar a Spiral City do Anti-Deus, pero no proceso é atrapado en Rockwood, unha granxa fóra do tempo, lonxe da cidade que tentaban salvar e con poucas esperanzas de poder fuxir.

A série gañou dous prémios Will Eisner, os Oscar da indústria do cómic, incluindo o de millor nova série de 2017. Lemire é ademais o autor doutras novelas gráficas coma Essex County, Underwater Welder, Sweet Tooth ou Descender.

Pola súa banda, a Legendary é a responsábel de producir recentes éxitos no cinema coma Skyscraper, Pacific Rim: Uprising e Jurassic World: Fallen Kingdom, e conta na súa listaxe de vindeiras estreas con Detective Pikachu e Godzilla: King of the Monsters. Entre os seus filmes que adaptaron cómics á pantalla grande atópan-se por exemplo a triloxía de Christopher Nolan Dark Knight e Watchmen de Zack Snyder.