A Hulu planea o universo de Wild Cards

61

O servizo de streaming Hulu está a desenvolver múltiples séries baseadas na saga de libros Wild Cards, editada polo responsábel de Game of Thrones, George R.R. Martin.

O showrunner e mais os guionistas reunirán-se para escribir os contidos de dúas séries ambientadas no universo de Wild Cards. Ambas contarán coa produción da Universal Cable Productions e mais a Hulu, mentres ca Andrew Miller, que recentemente dirixiu o episódio piloto de Tremors na canle Syfy, estará na equipa para escribir e coma produtor executivo de ambos os dous proxectos.

Os libros están ambientados no presente, pero exploran as consecuéncias dun virus alieníxena chamado Wild Card que se espallou por Manhattan en 1946 e matou ao 90% dos infectados. Entre os supervivintes, o seu ADN foi alterado grotescamente xerando horríbeis mutacións físicas, pero unha pequena porcentaxe deles desenvolveu superpoderes.

O virus pasou de xeración en xeración e pode pasar desapercebido até que é activado de súpeto por algún acontecemento traumático. Nese intre, o portador morre, muta ou obtén poderes case divinos. As vítimas do virus queren agora definir o seu própio futuro.

Martin, Melinda Snodgrass e Vince Gerardis traballarán asemade coma produtores executivos. Ao longo da vida desta franquía, que xa se estende ao longo de case trinta anos, publicáron-se dúas dúcias de libros nos que traballaron mais de cotenta escritores.