Os Axentes de S.H.I.E.L.D. volven por sétimo ano

81

A Marvel Entertainment anunciou que haberá unha sétima tempada de Marvel’s Agents of S.H.I.E.L.D. A nova chega por sorpresa, porque a série semellaba xa rematada coa sexta tempada, que tivo un final no que todo ficaba pechado. En todo caso, a nova tempada non chegaría ás pantallas até a segunda metade de 2019.

O presidente da canle ABC, Channing Dungey, anunciou as novas no decurso dunha rolda de prensa na que indicou que o reparto orixinal e a equipa de rodaxe serán os mesmos que até agora, se ben non houbo ningunha mención expresa para o seu protagonista Clark Gregg (o axente Phil Coulson) na listaxe que se fixo pública, e na que si que figuran os nomes de Ming-Na Wen, Chloe Bennet, Iain De Caestecker, Elizabeth Henstridge, Henry Simmons, Natalia Cordova-Buckley e Jeff Ward.

Joss Whedon, Jed Whedon e Maurissa Tancharoen serán os produtores executivos xunto a Jeffrey Bell e Jeph Loeb.