O novo Joker morreu

0
269

Heath LedgerHeath Ledger, quen interpreta ao Joker na vindeira película da saga de Batman, The Dark Knight, foi atopado morto o pasado 22 de xaneiro nunha casa en Manhattan, por mor posébelmente dunha sobredose de drogas, segundo desvelou a Policía de New York nun primeiro intre. Ledger tiña 28 anos.

O voceiro da Policía, Paul Browne, dixo á Prensa que Ledger tiña unha cita para unha masaxe nun apartamento de Manhattan. O porteiro do edifício foi quen atopu morto ao actor ás 3:26 horas do serán.

O actor australiano gañara unha nominación ao Oscar polo seu papel de vaqueiro gai en Brokeback Mountain e tiña moitas outras grandes actuacións ás súas costas.

Ledger viña de rematar o papel do malvado Joker na vindeira secuela de Batman, que dirixe Christopher Nolan, e que está prevista para se estrear en xullo. Últimamente estaba a rodar The Imaginarium of Doctor Parnassus en Inglaterra baixo as ordes do director Terry Gilliam.

O futuro deste filme adquire asemade un tinte moi escuro. A película, que contaba cun orzamento de 20 millóns de euros, viña de se trasladar dende Londres até Vancouver (Canadá) para continuar a rodaxe esta semana e até o mes de marzo.

Os produtores polo de agora non fixeron ningunha declaración sobre como afectará a morte de Ledger aos seus plans ou se pensan continuar a rodaxe sen o actor australiano.

Ledger era o nome máis importante nun reparto que incluía ademáis a Christopher Plummer, Lily Cole e Tom Waits. É a história dun antigo espectáculo ambulante que chega ao Londres actual cun espello máxico que pode transportar á súa audiéncia a reinos fantásticos da imaxinación.

Plummer fai o papel do empresario, o Doutor Parnassus, e Ledger facía o papel dun misterioso estraño que se une á troupe nunha procura en mundos paralelos para salvar á filla do doutor (Cole) das poutas do demo (Waits).