A Netflix ven de emitir a orde de producir unha nova série que adaptará con actores reais a famosa série de debuxos animados de televisión Cowboy Bebop de 1998. A ideia estaba até agora nas mans da Amazon Studios, que decediu non continuar adiante co proxecto e deixar as mans libres á Netflix. A série está considerada coma ún dos maiores éxitos do anime de todos os tempos.
O seu argumento conta unha história inspirada polo jazz e que mistura vários xéneros, na que unha equipa de cazadores de recompensas fuxindo dos seus pasados adíca-se a capturar aos mais perigosos criminais do sistema solar.
A Tomorrow Studios é a responsábel da série, que ten a Andre Nemec, Josh Appelbaum, Jeff Pinkner e Scott Rosenberg coma showrunners e produtores executivos. Marty Adelstein e Becky Clements unirán-se a esta equipa. A Tomorrow Studios está tamén a desenvolver as adaptacións de Snowpiercer e Hanna á tele.
Christopher Yost (Thor: Ragnarok) escribiu o guión do primeiro episódio, mentres có director da série orixinal, o xaponés Shinichiro Watanabe, traballará coma asesor.
O nome de Keanu Reeves estivo vencellado a este proxecto cando se falou dunha adaptación ao cinema pola 20th Century Fox hai mais dunha década, pero polo de agora non se deu a coñecer a ningún actor do reparto.