Candyman regresa ao cinema

65

A MGM vai-se asociar coa Monkeypaw Productions de Jordan Peele para faceren unha nova versión do clásico do terror de 1992 Candyman, un filme que estaba baseado no conto de Clive Barker The Forbidden.

Nia DaCosta (Little Woods) dirixirá a partir dun guión de Peele e mais de Win Rosenfeld un proxecto que xa está a ser alcumado coma “secuela espiritual” do filme orixinal. A acción regresará a un área xentrificada de Chicago onde estiveron no pasado os proxectos urbanísticos de Cabrini-Green.

Tony Todd e Virginia Madsen foron os protagonistas da primeira longametraxe. O seu argumento ía sobre un estudante universitário que estaba a completar unha tese doutoral sobre lendas urbás e que atopaba a lenda do “Candyman” (Todd), un artista e fillo de escravos que fora brutalmente asasinado. Coa axuda dun garfo nunha man e coa súa habilidade de controlar ás abellas, regresa de entre os mortos cada vez que alguén repite o seu nome tres veces diante dun espello e mata á persoa que o invocou.

Nun comunicado, Peele dixo: “O orixinal foi un filme trascendental para a representación do negros no xénero de terror. Xunto a Night of the Living Dead, Candyman foi unha grande inspiración para min coma realizador — e ter un enorme novo talento coma Nia ao mando deste proxecto é realmente emocionante. Estamos honrados de presentar o novo capítulo do canon de Candyman á vida e anceiamos fornecer ás novas audiéncias cun punto de entrada na lenda de Clive Barker“.

Rosenfeld producirá o proxecto, que comezará a se rodar en primavera coa ideia de poder estrear o 12 de xuño de 2020 por médio da Universal Pictures.