O creador de The Walking Dead Robert Kirkman ven de desenvolver un novo proxecto titulado 5 Year, que xa ven de ser oficialmente aceptado pola Skybound Entertainment e a eOne con plans de converte-lo nunha série para a televisión.
Kirkman, David Alpert, Bryan e Sean Furst serán os produtores executivos dunha série que será narrada dende distintos puntos da Terra e que fala dos derradeiros cinco anos da humanidade antes de que un meteoro colisione contra o planeta. O plan é que haxa cinco tempadas, pero con opción a mais se cadra.
A Skybound ten un cobizoso plan de tentar producir en localidades especiais coa vista posta nos mercados rexionais deses lugares. Pola súa banda, o último proxecto de Kirkman na tela, a adaptación do seu cómic Outcast, só durou dúas tempadas.