Claes Bang é o novo Drácula

71

O actor dinamarqués Claes Bang (The Square, Borgen) será o protagonista principal de Dracula, a nova mini-série de tres episódios que a BBC e mais a Netflix producirán conxuntamente e que conta cos mesmos creadores de Sherlock: Steven Moffat, Mark Gatiss e mais a Hartswood Films.

Inspirada pola clásica novela de Bram Stroker, os tres episódios de 90 minutos de duración estarán ambientados na Transilvánia de 1897, onde o conde Drácula sedento de sangue está a planear como chegar ao Londres vitorián. Moffat e Gatiss escribiron os guións e serán os produtores executivos. A rodaxe comezará o ano que ven.

Nun comunicado feito público para a prensa, Bang dixo: “estou emocionado de facer o papel de Drácula, especialmente cando o guión está nas mans dos incríbeis talentos de Steven Moffat, Mark Gatiss e mais a equipa responsábel de Sherlock. Estoy moi emocionado por indagar neste persoaxe emblemático e superinteresante. Si, é malvado, pero tamén hai moito mais nel, é carismático, intelixente, enxeñoso e sexi. Decáto-me de que hai moito que facer para estar á altura de todas as persoas incríbeis que o interpretaron ao longo dos anos, pero sínto-me moi privilexiado de asumir este incríbel persoaxe“.

Moffat, que foi o showrunner de Doctor Who até ben pouco, ten ainda mais experiéncia cos clásicos, porque fixo unha versión contemporánea de Jekyll and Hyde en 2007 na série Jekyll.