Blue Beetle xa ten guionista

869

A Warner Bros. Pictures ven de contratar ao mexicano Gareth Dunnet-Alcocer, o guionista responsábel do vindeiro remake de Scarface, para que escriba a adaptación ao cinema do persoaxe da DC Comics Blue Beetle.

O Blue Beetle orixinal foi creado pola Fox Comics e logo pasou á Charlton Comics. O primeiro Blue Beetle foi Dan Garrett, quen inicialmente adquiriu os seus poderes grazas a unha vitamina, pero que logo pasou a ser un escarabello sagrado. A segunda versión, que foi a que mercou a DC Comics, é a de Ted Kord, quen chegou ao Universo DC durante a Crisis on Infinite Earths xunto a outros persoaxes da Charlton. Kord non tiña superpoderes, pero era un científico capaz de crear tecnoloxía para loitar contra o crime e que se converteu en membro da Liga da Xustiza.

O terceiro e actual Blue Beetle aparece após da morte do segundo e é Jaime Reyes, un adolescente latino que descubriu que o escarabello sagrado orixinal pode converter-se nunha armadura con superpoderes. O novo filme centrará-se precisamente nesta terceira versión.

Polo de agora non hai datas para a produción desta longametraxe, que terá que agardar até a aparición do Universo Expandido da DC, aínda en fase de proxecto.